Argumento de Xoaquín Lorenzo Fernández `xocas´. a Fidelidade á Galicia Soñada
Foi Xocas un dos etnógrafos máis importantes do seu tempo e autor de estudos fundamentais sobre a cultura material de Galicia. Discípulo dun grupo de intelectuais comprometidos co pensamento galeguista, foi nunha das personalidades máis completas e íntegras de Galicia, un investigador que tiña como lema o traballo, a discreción e a prudencia, con toda unha vida dedicada á cultura de Galicia e ao seu espallamento e conservación. Etnógrafo, antropólogo, prehistoriador, folclorista, mestre, debuxante e fotógrafo, formou parte do Seminario de Estudos Galegos, da Real Academia Galega e levatou o Museo do Pobo Galego, un dos seus soños.0