Libros > Literatura > A vinganza da mancha
Portada de A Vinganza Da Mancha

A Vinganza Da Mancha

Autores:Oya Martínez, Milagros;
Categoría:Literatura
ISBN: 9788434870741
Fundación Santa María-Ediciones SM nos ofrece A Vinganza Da Mancha en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 28 de Septiembre del 2000. Disfruta del placer de la lectura con esta obra, y culturizate al mismo tiempo que te diviertes. Este libro cuenta con un total de 128 páginas , unas dimensiones de 19x12 cm (1ª ed., 1ª imp.).
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de A Vinganza Da Mancha

O primeiro día das vacacións de verán, Xan recibiu por correo un novo \"couso\", unha nova mancha nun papel. Tamén os seus amigos Pedro e Manuel. Antes chegáranlles outras. Comezaran a recibilas desde que, obrigados a limpar o patio da escola, intentando agachar o lixo na leñeira, viran un lenzo cunha mancha noxenta da que se burlaran. Os envíos debían ser a vinganza da mancha polas súas risas.
Foron de noite á caseta e viron sorprendidos que o lenzo era a copia dun cadro de William Turner reproducido nunha revista de arte. Sentáronse en círculo arredor da pintura, en actitude de respecto. De súpeto, as tres manchas xuntáronse formando a figura dunha locomotora, que se puxo en marcha en dirección ao cadro.
Atopáronse nun tren fantasma circulando a toda velocidade. Sós. Percorreron os vagóns ata que no restaurante atoparon o inspector xefe de Scotland Yard. Explicoulles que estaba protexendo o tren, que transportaba un cargamento moi valioso de lingotes de ouro con destino ao Banco de Londres. Noutro compartimento viron cómo alguén intentaba asasinar un policía. ¡Ía tamén unha perigosa banda de ladróns de ouro!
Volveron onda o inspector, que se estaba dando un gran banquete e adoptara a forma espectral dun mozo con dentes de ouro. Ata que se esvaeceu. Fuxindo da mesta nube de fume negro que os perseguía, recuaron seguindo a unha nube branca protectora deica o derradeiro vagón. Cando pasaba por unha ponte, antes de que despegase da terra, botáronse en marcha a un lago negro, que resultou ser a lagoa Estixia. Caeron na barca de Caronte, un vello de barbas brancas empeñado en conducilos perante o can Cerbero como se estivesen mortos. Desfixérose del, remando ata tornar ao mundo dos vivos.
Cansos, quedaron durmidos. Acordaron do soño diante do cadro. Decatáronse de que nel había algo máis que unha mancha: a lagoa, Caronte.... Saíron da escola. Atrás deles, sorría un home: ¿o inspector-mozo-barqueiro ou o xardineiro-garda-pintor?0

Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso