Nun país lonxano, no Reino das Chemineas, vivía Melanio. Traballaba de limpa-chemineas e como era moi mirado cos niños dos animais, estes correspondíanlle levándolle ovos ou lavándolle a roupa.
Un día que foi limpar a cheminea do Palacio Real namorouse da Princesa Alba e deu en escribirlle poemas de amor. Para axudalo no seu desacougo, unha rula encargábase de facerllos chegar. Eles foron a porta que abriu o corazón da princesa cando fixo os dezaoito anos e puido elixir mozo.