Libros > A VERDADE XURÍDICA, O PENSAMENTO ZOMBI E A TRADICIÓN REPUBLICANA (Ebook)
Portada de A Verdade Xurídica, o Pensamento Zombi e a Tradición Republicana (ebook)

A Verdade Xurídica, o Pensamento Zombi e a Tradición Republicana (ebook)

Autor:Antón Beiras Cal;
Categoría:
ISBN: EB9788484872948
Laiovento nos ofrece A Verdade Xurídica, o Pensamento Zombi e a Tradición Republicana (ebook) en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 30 de Enero del 2015.
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de A Verdade Xurídica, o Pensamento Zombi e a Tradición Republicana (ebook)

Ao seu xeito este ensaio é unha viaxe no tempo. Unha viaxe que comeza na Grecia clásica e as súas achegas ao noso mundo: o nacemento do pensamento abstracto, do dereito e do público: un espazo baleiro no centro das súas cidades onde os cidadáns se despoxaban de parte dos seus dereitos que cedían a favor da convención. Tamén nacen os impostos modernos, concibidos como convención e afastados da servidume. Naceu o público, o home aristotélico como ser social e a república cidadá. Hoxe a esfera privada é fustrigada e comprimida polo público. O teatro grego, onde os cidadáns teñen cómoda visión da escena pública áchase substituído polo Panóptico de Bentham, onde un Grande Irmán observa dende o centro arquitectónico as celas e galerías onde habitan os privados. Como Raiola de Cortazar, pode ser lido de principio a fin. Pero tamén pode empezar por ?O Paradoxo de Kaolin?, seguir con ?Emerson, Lake & Pálmer? e volver ao principio. Ou a Ockham, para descubrir o dereito subxectivo, e de volta a Grecia, á república cidadá e rematar con Kant: a súa formulación da autonomía privada. Pero todas as múltiples combinacións posibles para a súa lectura lle devolverán á idade media, despoxado dos seus dereito subxectivos; a séculos da tradición republicana. Se ademais é vostede traballador do naval, socio dun estaleiro ou investidor que axudou á industria naval galega, fágame caso: sáltese o capítulo dedicado ao Sr. Almunia, ?O bordel da estrada?. Ou léao, pero tómese unha aspirina.0

Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso