Libros > SOBRE A POESÍA ÚLTIMA DE MANUEL MARÍA (1976-1995) (Ebook)
Portada de Sobre a Poesía última de Manuel María (1976-1995) (ebook)

Sobre a Poesía última de Manuel María (1976-1995) (ebook)

Autor:Manuel López Foxo;
Categoría:
ISBN: EB9788484872863
Laiovento nos ofrece Sobre a Poesía última de Manuel María (1976-1995) (ebook) en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 15 de Agosto del 2010.
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de Sobre a Poesía última de Manuel María (1976-1995) (ebook)

Manuel María Despois de don Ramón Otero Pedrayo, a figura máis patriarcal da intelectualidade galega é, sen dúbida ningunha, Manuel María. Este prolífico escritor e altísimo poeta ocupa un lugar excepcional dentro das letras galegas, por razóns literarias e extra-literarias. Manuel María é o primeiro poeta mozo que se revela na posguerra, o autor máis fecundo da literatura galega das últimas décadas, unha das personalidades máis destacadas da cultura galega actual e o escritor que máis se afirmou no compromiso político co país e que mellor entronca o nacionalismo galego de hoxe co galeguismo histórico. Formado culturalmente nun mundo rural que xa desapareceu e nas tertulias dos cafés onde poñían cátedra de amor a Galiza os vellos galeguistas, este autor iniciou a súa obra literaria aos dezanove anos, cando o idioma galego estaba proscrito, nunha época en que só o feito de escribir en lingua galega era xa un acto subversivo. Así, baixo o enorme lousón da ditadura franquista, foron nacendo os seus libros de poesía, narración e teatro, os recitais poéticos por todo o país e fóra de Galiza, os seus ensaios e as súas múltiples conferencias e colaboracións xornalísticas, converténdose moi axiña na voz máis representativa da Xeración dos 50 e nun dos poetas galegos máis importantes deste século. Tamén, pouco a pouco, o escritor vai asumindo un maior compromiso político coa súa nación, sendo un dos mozos que rompe co piñeirismo e que participa activamente desde os anos sesenta na reorganización do nacionalismo, chegando incluso a ser concelleiro e candidato ao Senado.0

Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso