Argumento de A Pesca Está no Vento
Co mar como referente constante transcorren as aventuras que marcan a fin da infancia de Nico, un neno galego da posguerra. Experiencias da vida cotiá, amargas, unhas veces, e cómicas, outras, ensaríllanse con historias misteriosas de meigas, santas compañas e covas de mouros, para espertar o protagonista da súa inxenuidade e contribuír á súa aprendizaxe. Unha fermosa historia dun neno de mar, de onte, de hoxe e de sempre.1