Argumento de Memorias de Viriato
Desde a vellez, o xabaril Viriato, a protagonista deste conto (si, a protagonista porque en realidade é unha femia e non un macho), escribe as súas memorias para nos relatar as súas aventuras. A historia que nos conta podería ser a de calquera animal salvaxe. Por unha banda, ten que manter unha loita constante contra o seu peor inimigo, o home, para poder sobrevivir e, pola outra, a súa vida e os seus sentimentos son semellantes aos de calquera ser humano.0