Libros > A noite branca (Ebook)
Portada de A Noite Branca (ebook)

A Noite Branca (ebook)

Autor:F. X. Fernández Naval;
Categoría:
ISBN: EB9788499146386
Edicions Xerais nos ofrece A Noite Branca (ebook) en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 16 de Enero del 2014.
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de A Noite Branca (ebook)

Marcos sente a necesidade de coñecer e contar unha parte esquecida do seu pasado familiar cando descobre varias fotografías e un feixe de cartas escritas por un voluntario da División Azul, enviadas desde a fronte rusa en 1941, e atopadas no interior dunha caixa de marmelo. Coa axuda da súa nai, o escritor inicia un proceso de investigación e de recuperación da memoria que o leva desde A Habana da emigración galega ata a fronte do río Volchov e o cerco de Leningrado, atravesando a Europa sacudida pola II Guerra Mundial. Catro voces van debullando un conxunto de historias entretecidas, que son protagonizadas por unha galería de personaxes entre os que destacan Alfredo, o autor das cartas; a súa nai María Luísa; os membros do pelotón do que el forma parte; cidadáns rusos atrapados pola crueldade da guerra; nenos, exiliados republicanos; xudeus e soldados alemáns que son testemuñas da viaxe da División cara á fronte do leste. Coa ribeira do Miño como centro e un mundo convulso como escenario, Fernández Naval constrúe en A noite branca unha narración emocionante, intensa, que lle permite recobrar personaxes e xeografías da súa primeira novela O bosque das antas (Premio Xerais 1988). A noite branca é unha novela de gran calado, de lectura seductora e decisiva na traxectoria literaria de Fernández Naval.0

Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso