Para superar os medos é preciso enfrontarse
a eles, e iso é o que fai o protagonista deste
conto. Despois dunha delirante sucesión de
acontecementos na que o osiño, o can, o seu
irmán e a súa tía non saen moi ben parados,
Mateo é quen de encararse ao monstro e poñer
a familia a salvo. Un álbum que combina o
medo e o humor a partes iguais.