Os contos remítennos a un lugar no que a
fantasía é a protagonista. Para entrar nese
mundo fantástico, non hai nada como unha
cadeira especial nun recuncho acolledor.
Pero un día, a cadeira de Catalina rompeu e a
ovella tivo unha idea: Troco!
Cadeira por tallo, tallo por sofá, sofá por.
Un conto que esconde outro conto; unha
divertida historia circular na que os personaxes
interactúan en dous mundos fantásticos
paralelos, ata chegar a un final feliz.