José Mejuto sempre foi un apaixonado das historias ben contadas. Da súa afección a escribir contos naceu, La vida duele en el Hormigón (Editorial dixital Bubok). Despois de catro anos na Escola Municipal de Teatro de Vigo e o seu paso pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia traslada os seus contos ao Teatro. Funda a compañía Arte Pingu?e Teatro e con actores profesionais representan durante máis dun ano Microvidas. O Círculo de Lectores elíxenos para celebrar o seu 50 aniversario con representacións dos seus textos. Amósanos neste libro o seu bo facer, cunha selección de oito pezas de microteatro. Historias xa representadas en varias cidades galegas que non se quedan só no humor ácido, senón que buscan a catarse do espectador ao ocultar entre as súas liñas realidades sociais, denuncias e ponderacións humanas. O 10% dos beneficios recadados con este libro entregaranse á Fundación Vicente Ferrer para axudar ós seus proxectos.