Argumento de Xoguetes para Un Tempo Prohibido (literaria 10). Edicion 2005
É esta a décima edición de Xoguetes para un tempo prohibido desde que no ano 1975 se edita a primeira. Unha novela retrato dunha xeración, a dos anos 1960, nos que aqueles mozos universitarios cultos e brillantes, intelixentes e soñadores acaban embarrancando no escepticismo e na amargura. Unha obra que nos achega a un tempo e a uns personaxes marcados pola perda das ilusións e polos soños derramados. Esta novela foi galardoada co premio co que se conmemoraban os XXV anos da fundación da Editorial Galaxia. Un retrato xeracional dun grupo de amigos na Compostela universitaria de fins do século XX. O círculo universitario no que Casares se moveu na súa época de estudante na universidade aparece aquí representado pola peripecia vital de Elías, que abrangue desde a súa infancia nunha pequena vila galega ata o seu tráxico final nunha triste pensión ourensá. Os sórdidos anos da posguerra e o seu contrapunto, os esperanzados tempos da utopía revolucionaria, acaban no alcohol, na frivolidade e o desespero. Escrita con toda a brillantez e eficacia da narrativa moderna, é unha reflexión lúcida sobre as ilusións perdidas e os soños non acadados.0