Argumento de Xogando Cos Sons 1 (f, S, L)
Xogando cos sons é un programa de estimulación e reeducación fonética que nace coa finalidade de proporcionar un material práctico para traballar, dende unha perspectiva lúdica, as dificultades articulatorias en lingua galega. A través de diversos personaxes, contos, cancións, ladaíñas... trabállase a capacidade articulatoria do alumnado de Infantil e Primaria, previndo e corrixindo as dislalias e trastornos fonolóxicos que estes poidan presentar. o programa favorece o desenvolvemento da conciencia fonolóxica, achegando o alumnado aos procesos de lectura e escritura. Cadernos do alumnado O material para o alumnado consta de fichas de traballo para que o/a neno/a vaia adquirindo o fonema nas distintas fases de desenvolvemento do programa. Cunha metodoloxía que parte dun enfoque globalizado e lúdico, artéllase a reeducación da cada un dos 10 fonemas a través dun personaxe, que guía todas as actividades e serve de elemento motivador durante o proceso de adquisición do son. Manual do profesorado Proposta didáctica para a correcta aplicación do programa, con táboas para avaliar e rexistrar o avance na adquisición do fonema. Un conto ilustrado e locutado, protagonizado por un personaxe que emite o son, é o fío condutor que guía todos os exercicios que se propoñen para a adquisición dos fonemas por parte do alumnado: praxias bucofaciais, exercicios de sopro, posición tipo do fonema, emisión do fonema, onomatopeas, representación gráfica do fonema, repetición de sílabas, repetición ...0