Nun mundo no que a idiotez acompaña a humanidade ata a morte (e posiblemente máis alá), hai coches que intentan voar, pirómanos con mala sorte, prostitutas fracasadas e maridos obsesionados polo cosmos, pintores que non entenden a súa propia pintura e críticos que non entenden as súas propias palabras.
Cun estilo sinxelo e nada arrogante, Ermanno Cavazzoni traza unha serie de biografías inventadas de personaxes cuxa traxectoria vital está sempre condicionada por unha estupidez que, de tan real, resulta cómica.