Libros > Un home estraño (Ebook)
Portada de Un Home Estraño (ebook)

Un Home Estraño (ebook)

Autor:Antonio Tizón;
Categoría:
ISBN: EB9788491213376
Edicions Xerais nos ofrece Un Home Estraño (ebook) en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 12 de Abril del 2018.
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de Un Home Estraño (ebook)

O inspector de segunda, Xosé Sánchez Pereiro, enfróntase ao primeiro caso importante da súa carreira: o crime de Manuel Ferro Filgueira, un arquitecto que traballa no Concello da Coruña, presidido entón por Domingos Merino. Mentres tanto, a xornalista Ledicia Muruzábal, despois de entrevistar o presidente do Partido Galeguista, Avelino Pousa Antelo, está a punto de atropelar un home estraño, unha figura extravagante que aparece de súpeto no medio da calzada e que axiña esperta a súa curiosidade. Ambientada na Galicia preautonómica de 1980, "Un home estraño" é unha novela que pretende contribuír ao coñecemento de toda unha época, a chamada Transición, a partir dunha tripla indagación identitaria: a do verdadeiro rostro que se esconde tras o poder, a investigación sobre unha determinada concepción da loucura (a máis romántica de todas, como parte do conflito inevitábel entre a identidade individual e a colectiva) e a pescuda sobre a natureza esencial dun pobo que loita pola súa diferenciación nun clima de grandes esperanzas pero, tamén, de moitas doses de inxenuidade. "Un home estraño" é a segunda entrega da serie, iniciada por "A antesala luminosa" e protagonizada polo policía Xosé Sánchez Pereiro, que, en clave de xénero negro aínda que, esta vez, excepcionalmente, a modo de precuela, cun apéndice insólito e formato de novela curta, pretende abordar, dende distintas perspectivas, o tema catalizador da enfermidade mental.0

Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso