Libros > Todos somos Ulises (Ebook)
Portada de Todos Somos Ulises (ebook)

Todos Somos Ulises (ebook)

Autor:Xavier Seoane;
Categoría:
ISBN: EB9788491210474
Edicions Xerais nos ofrece Todos Somos Ulises (ebook) en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 05 de Mayo del 2016.
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de Todos Somos Ulises (ebook)

Na liña dos seus libros anteriores, "Atravesar o espello", "O Sol de Homero" e "Saudar a vida", esta nova proposta, "Todos somos Ulises (Por unha educación democrática e humanista)", constitúe o elo máis amplo dun ambicioso ciclo ensaístico que reflexiona sobre a transcendencia da escola e da educación, do coñecemento e da cultura nun momento histórico de difíciles retos para as persoas, os colectivos e as sociedades. "Todos somos Ulises" analiza criticamente a hexemonía da razón economicista e produtivista nas nosas vidas, o impacto tantas veces desilustrador e alienante da publicidade, do consumo e dos media, a dimensión plural da intelixencia, a transcendencia da linguaxe e da lectura, as destrezas necesarias na Sociedade do Coñecemento, a necesidade dun entendemento fluído entre a escola e as familias, o uso crítico e creativo das ferramentas tecnolóxicas, a pertinencia dunha educación pública equitativa, as demandas da diversidade, a educación en valores, a vocación, o esforzo, a convivencia, a disciplina... aspectos relacionados cos incisivos problemas da escola actual e as preocupacións do profesorado, o alumnado e das nais e pais. Xa que logo, Xavier Seoane propugna a necesidade dunha sólida formación científica, humanística e social, apostando pola adquisición de elevados niveis de realización estética e sensible, espiritual e moral. Nesa viaxe cara a Ítaca do coñecemento e da autocreación individual e social, que a todas as persoas se lles debe facilitar e á que todas deberían contribuír coa súa actitude vixiante e decidida, todos deberiamos ser Ulises, para poder alcanzar as máis elevadas cotas de emancipación, eudaimonía e felicidade. As persoas deberiamos, segundo o autor, pronunciar un si afirmativo á fecunda viaxe dunha educación crítica e democrática, humanista e liberadora á altura dos complexos retos contemporáneos.0

Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso