Alén disto, con base nos estudos que demostran que o campo literarío está direc tamente relacionado coa conformación do campo nacional, deséñase un abano funcional para os dramas históricos, instrumentos de sobrecarga ideolóxica doada ao estaren construídos a partir doutro discurso configurador fundamental: a historia. A análise destas funcións en cada período permite deseñar unha rede de relacións entre o campo nacional e o campo literario, explicando a aparición e a(s) forma(s) destas obras e a súa relevancia no imaxinario colectivo, literario e nacional...