Libros > Son noxento (Ebook)
Portada de Son Noxento (ebook)

Son Noxento (ebook)

Autor:María Xosé Queizán;
Categoría:
ISBN: EB9788499148304
Edicions Xerais nos ofrece Son Noxento (ebook) en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 05 de Marzo del 2015.
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de Son Noxento (ebook)

Suso é un deses homes aos que «ningunha femia pode atar, fodedor de todas». Con todo, o que aconteceu obrigouno a casar con Lilí, unha «nena ben, a nena de papá e de mamá, dunha familia desas burguesas e tradicionais». Suso púñase tolo, saído como un can, cando miraba moverse o cu de Lilí, así que o intentou polas boas e polas malas. Son noxento é a historia dunha relación presidida pola crueza e dun individuo abominable, un deses personaxes de carne e óso que, lamentablemente, existen, e que un día, sen que a autora desta novela saiba ben como, se lle filtrou no maxín. E, aínda que non é agradable -nin sequera na ficción- tratar cun ser amoral como Suso, María Xosé Queizán confesa no limiar que, ao construílo, estivo todo o tempo diante do ordenador «sen parar de rir». E é que ese é un dos paradoxos de Son noxento: como pode ser tan hilarante un ser tan repugnante? Ademais de abordar a crítica social desde a boa literatura, Son noxento é unha novela presidida polo humor, por ese humor imprescindible para achegarse ás circunstancias e aos personaxes máis dramáticos a fin de escribir un relato intelixente e literario. Son noxento conta unha historia que nos mantén expectantes, elaborada a través dun espléndido monólogo interior. Unha curta e gran novela de María Xosé Queizán.0

Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso