Argumento de Siddhartha
Siddhartha, fillo dunha familia nobre da casta dos brahmáns, distínguese dos mozos da súa idade pola súa intelixencia e sensibilidade. Pero os consellos dos maiores e as receitas da tradición do seu pobo non o satisfán. Incapaz de atopar acougo para a súa alma na sociedade convencional, únese, xunto co seu amigo Govinda, a un grupo de ascetas que viven no bosque. Esta decisión cambia radicalmente a súa vida e inicia un longo e aventurado proceso de aprendizaxe. Siddhartha é un intenso canto ó camiño individual cara á felicidade. Escrito cunha linguaxe poética e expresiva, preséntasenos unha novela que fala da busca, do amor, da morte, da redención. Velaquí temos un gran clásico da literatura universal por primeira vez en lingua galega.0