Argumento de Se Comes Un Limón Sen Facer Xestos
Se comes un limón sen facer xestos, libro de vinte relatos de Sergi Pàmies, traducido por Antón Dobao, afronta con mestría, situacións cotiás e fantásticas que nos mergullan nas emocións humanas. A partir de situacións intranscendentes, o catalán Sergi Pàmies desenvolve, en poucas frases, a inquedanza, o drama, a explosión ou o absurdo; e faino desde unha ollada ácida e refrescante, penetrante e contida. Coa caracterización de personaxes vulnerables, o autor descóbrenos o amor non correspondido, a soidade, as dependencias familiares, a desconfianza e a frustración, que crean un libro breve, de gran talento narrativo, un libro que chama incisivamente polos lectores e lectoras.0