Libros > Literatura > Rosalía de Castro. Antoloxía
Portada de Rosalía de Castro. Antoloxía

Rosalía de Castro. Antoloxía

Autores:Castro, Rosalía de;
Categoría:Literatura
ISBN: 9788497820721
Edicións Xerais de Galicia, S.A. nos ofrece Rosalía de Castro. Antoloxía en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 01 de Noviembre del 2003. Disfruta del placer de la lectura con esta obra, y culturizate al mismo tiempo que te diviertes. Este libro cuenta con un total de 136 páginas , unas dimensiones de 22x17 cm (1ª ed., 1ª imp.).
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de Rosalía de Castro. Antoloxía

A figura de Rosalía de Castro é o mito máis relevante e universal da Galicia moderna, icona política, nacionalista, social, feminista, non ten máis lectura obxectiva que a dos seus textos, a súa verdadeira realidade. O presente volume recolle unha antoloxía da obra poética de Rosalía de Castro, preparada polo estudoso rosaliano Anxo Angueira e precedida dun limiar de X.L. Méndez Ferrín, e organizada arredor de sete ámbitos temáticos: Así en “Terras de Rosalía”, incluíronse os poemas centrados na paisaxe e nas terras que máis e máis intensas páxinas encheron na obra da autora. “Santos, campás e pecados” é o título que pretende recoller un conxunto de poemas certamente variados pero que, dalgún xeito, remiten ao feito relixioso, formal ou intimamente, e en moitos deles á transgresión dos seus preceptos. En “Festas e fames” danse cabida a outro dos aspectos emblemáticos da obra da nosa autora que tamén cadra cun dos ideoloxemas do Rexurdimento: o compromiso social cos miserábeis. Logo, incluíronse dúas elexías, a célebre dedicada a Sir John Moore e a menos coñecida dedicada a Inés de Castro e a Luís de Camões, na que a nosa autora se desenvolve á perfección manexando os respectivos trasfondos líricos, históricos e políticos. En “Sombras e soidades” ilústrase a voz poética rosaliana máis intimista, máis espida, e por veces dramaticamente esgazada e estarrecente, senlleira na poesía europea decimonónica. En “Verba de muller” recóllense uns cantos poemas nos que a autora pon os ollos ...0
Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso