Argumento de Ring Ring! Quen Rima?
As nosas vidas están mergulladas nun mundo fermoso e variado. Tal idea é o punto de partida dos corenta e seis poemas que ofrece esta obra. Os seus versos serven de guía para visitar espazos moi diferentes e para facer xermolar sensacións que axudan a contemplar a realidade circundante con novas perspectivas. Cabalgando sobre rimas, viaxaremos por infinidade de paisaxes? Pola terra e pola serra, pola rúa e pola lúa, pola herba e pola néboa, con sombreiro e chuvasqueiro, con miñocas e con focas, con estrelas e con velas, con amigas, con amigos, con piratas? e contigo! Con este libro poderás soñar, poderás sorrir, poderás bailar, poderás sentir? Con Ring, ring?! Quen rima?... poderás vivir.0