Argumento de Relixión Católica. 5 Anos. Ola, Xesús
Ola, Xesús é o novo proxecto de Relixión de Xerme Edicións, que fai visible o teu traballo na clase e que pon en valor a formación en relixión e a educación en valores. En Xerme Edicións somos conscientes das necesidades do profesor de Relixión na etapa de Infantil. O proxecto Ola, Xesús para Infantil está pensado e creado para ti e os teus alumnos, coa progresión adecuada para cada idade. Un proxecto que motiva os teus alumnos, sen perder a calidade dos contidos e a pedagoxía relixiosa. Con variedade de materiais e recursos lúdicos, que tanto te axudan nas túas clases. Favorece a MOTIVACIÓN dos teus alumnos a través dunha aprendizaxe experiencial e lúdica:Coa riqueza das ilustracións, traballadas con diferentes técnicas (estampaxe, colaxe e fotografía de plastilina), foméntase a creatividade do neno. A mascota do proxecto, LO, é u--nha gota de auga que acompaña os teus alumnos durante todo o curso e un elemento útil para aproximarse á educación emocional.Permite captar o interese do alumno partindo du--nha experiencia cotiá para el, o que facilita a aprendizaxe desde os centros de interese do alumno. Traballa en profundidade Os TEXTOS BÍBLICOS A calidade dos recursos didácticos é un estímulo para a adquisición das principais aprendizaxes. Todos os nosos recursos teñen un carácter lúdico, sen deixar de ser verdadeiros elementos pedagóxicos. O coidado traballo dos textos bíblicos a través de recursos estimulantes para os nenos como as animacións, os cadernos de relatos, as láminas de aula... Promove a EDUCACIÓN EN VALORESCon actividades que permiten comprender de maneira sinxela os valores cristiáns.Traballando a educación emocional (recoñecemento, expresión e autorregulación das emocións).Fomentando a colaboración na aula e a vinculación da familia.0