Libros > Rafael Dieste. (Ebook)
Portada de Rafael Dieste. (ebook)

Rafael Dieste. (ebook)

Autor:Luís Rei Núñez;
Categoría:
ISBN: EB9788491214953
Edicions Xerais nos ofrece Rafael Dieste. (ebook) en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 07 de Marzo del 2019.
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de Rafael Dieste. (ebook)

Este libro conta a vida apaixonante dun home libre e bondadoso e o seu tempo, o dun país sometido ás pulsións máis extremas. Entre 1899 e 1981, a de Rafael Dieste foi unha existencia entre as palabras, o mellor espello da realidade. Como escritor total, e mentres as circunstancias o obrigaban a exercer de soldado, xornalista ou profesor, viviu a Galicia onde o galeguismo loitaba por erguer a bandeira da identidade e a España onde o entusiasmado intento dunha sociedade moderna tomou forma efémera de República. A Guerra Civil (que el fixo comprometido coa causa da legalidade) e o exilio posterior (que o levou a Bos Aires, Cambridge e Monterrey) dificultaron a súa traxectoria e frearon a súa proxección pública. Mais el, unido desde 1934 e para sempre a Carmen Muñoz, non deixou que nada estorbase a súa entrega ás letras. Nun mundo en debate ideolóxico permanente, e moitas veces encarnizado, de Rafael Dieste quedou o exercicio irrenunciable do libre pensamento. Tamén unha vida sen tacha á que Luís Rei Núñez nos propón volver os ollos nunha moi amena biografía escrita desde o caudal dos datos e unha xustificada admiración.0

Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso