Argumento de Pu/18-herbert Marcuse.o Home Unidimensional
Pensar hoxe en Marcuse leva a evocar decontado as revoltas estudantís dos anos sesenta, en Berlín, Berkeley, París, as loitas contra a guerra do Vietnam, o movemento polos dereitos civís, as proclamas pacifistas ou a denominada New Left. As obras do pensador alemán foron acollidas con entusiasmo por moitos dos animadores desa diversidade de movementos, en especial dúas: Eros and Civilization (1955) e a obra que aquí ofrecemos vertida ao galego, One-Dimensional Man (1964). Malia o seu pesimista diagnóstico, O home unidimensional urxía a necesidade dun cambio radical, que nin moito menos podería reducirse a instancias económicas. Herbert Marcuse, alemán inmigrado e profesor na Universidade de San Diego (California), saltou de pronto aos medios. As súas conferencias nos Estados Unidos de América e en Alemaña e os seus escritos e intervencións en relación coa protesta multiplicáronse. Non obstante, en ningún momento o autor se amosou compracente e se deixou arrastrar pola corrente. Ben en troques, marcou as súas discrepancias a respecto de moitos aspectos dos movementos de contestación social, como a inmediatez ou a falta de profundidade teórica. De aí a súa apelación á importancia da teoría como arma crítica. A obra de Marcuse, en efecto, ocupa un lugar destacado no seo da Teoría Crítica, brillante herdeira da mellor tradición da cultura occidental.0