Dentro do marco das novas redes sociais e da estrutura patriarcal postmoderna na que estamos mergullados, Postmodernidade e novas redes sociais afonda no consumo diferencial por sexo dos videoxogos e na violencia simbólica transmitida por estes a través das súas narrativas e os seus personaxes, para o cal toma como base unha investigación realizada con técnicas estatísticas de mostraxe a unha poboación de alumnado galego de ESO. O libro descobre claras diferenzas de xénero e sinala a necesidade de entendelas comprendendo a lóxica das novas redes sociais e o papel do individuo no baleiro postmoderno.