Argumento de Plauto, Os Xemelgos: Tradución, Introdución Crítica e Guía de Lectura
-Índice:
Limiar
Estudo introdutorio
Bibliografía
Os Xemelgos (menecmos)
Menaechmi
Guía de Lectura
Suxerencias didácticas e de traballo
Este libro ofrece a primeira versión en lingua galega dunha das obras de Plauto máis influíntes: Menaechmi ou Os Xemelgos.
Para facilitar a comprensión e a análise da obra, conta cun estudio introdutorio onde se sitúa o teatro de Plauto en xeral, e os Menecmos en particular, dentro das súas coordenadas culturais, históricas e literarias. O estudio complétase cunha ampla bibliografía que permite profundizar nos aspectos concretos que o lector poida considerar de interese.
Co mesmo obxectivo, mais cunha perspectiva máis didáctica, a obra engade unha Guía de Lectura que pretende ser útil, non só para uso académico, senón tamén para darnos a visión dunha posta en escena de Menecmos ou de calquera outra obra plautina e das súas influenzas posteriores no teatro occidental.
A comprensión e análise da obra compleméntase coa inclusión do texto latino orixinal, que acompaña a unha tradución vivaz, actual e desenfadada dunha das mellores e máis influíntes comedias de Plauto.0