Argumento de Para Unha Escriptoloxía Do Galego
Para unha escriptoloxía do galego, ademais de ser un estudo da grafía galega do século XV, é unha edición rigorosa da colección de documentos -foros, doazóns, vendas, sentenzas, apeos, mandas e cumprimentos- escritos entre 1432 e 1490, que se gardan nun pequeno tombo do Hospital dos Pobres de Tui, no Arquivo Diocesano desta cidade. Estes documentos constitúen unha fonte importante para a historia de Galicia e da súa lingua natural. Por outra parte, esta obra é o primeiro estudo que se fai da lingua escrita galega tendo en conta os traballos dos lingüistas centroeuropeos Louis Remacle, Theodor Gossen e Hans Goebl, fundadores da disciplina escriptolóxica. As diferenzas gráficas que se encontran entre os cinco notarios que actúan nestes documentos de Tui, descobren a tendencia da escrita galega cara a unha mellor correspondencia coa lingua oral e unha superación de criterios arcaicos.0