Libros > Os tres de nunca (Ebook)
Portada de Os Tres de Nunca (ebook)

Os Tres de Nunca (ebook)

Autor:Xoán Ignacio Taibo Arias;
Categoría:
ISBN: EB9788491211419
Edicions Xerais nos ofrece Os Tres de Nunca (ebook) en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 19 de Enero del 2017.
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de Os Tres de Nunca (ebook)

Entre frecuentes alusións a Castelao, a quen se homenaxea no propio título, Os tres de nunca é a historia do Bocoi, do Patacón e mais do Milorde, tres amigos ben diferentes entre si, por clase social, formación, traballo, mesmo aparencia física, aos que decontado separará a Guerra Civil. Trátase dun texto coral de estrutura fragmentaria onde van entrando, saíndo e recuncando moitos outros personaxes unidos por viviren na cidade da Coruña e pola sorte de que velen por eles os trasnos, outrora petrificados nos canzorros de todas as igrexas rurais. Non é este un relato sobre a Guerra Civil: crúzaa en escenarios de Galiza, Asturies, Madrid e... París, mais non se detén nela, senón que persegue os seus personaxes por toda a Guerra Mundial en Francia, Inglaterra e sobre todo en Galiza, á marxe de toda épica, para deterse na equívoca actitude dos gobernos británicos fronte ao franquismo. É esta tamén a historia de como guerra e política transforman os seres comúns, como «unha boa persoa» chega a converterse nun infame sen dubidar que está a obrar ben, como a desidia, o medo, a preguiza e a alienación acaban por estragar os nobres ideais. A intervención do marabilloso non chega para mudar o curso da Historia cando o encadeamento dos conflitos consegue aterrorizar os propios seres diminutos que enchen os nosos campos, aldeas e cidades. Novela monumental que transita polos vieiros do memorialismo ficcionalizado, sitúa a Nacho Taibo como un dos narradores de referencia da narrativa galega de entre séculos.0

Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso