Argumento de Os Malos Pastores
Os malos pastores, representada en 1897 e publicada no ano seguinte, é unha traxedia proletaria, a historia dunha folga obreira organizada por un líder anarquista, Jean Roule, entrecuzada cunha historia de amor. Lonxe de ser unha obra de propaganda, a peza xorde marcada por un pesimismo atroz que raia no nihilismo e que pecha todas as portas á esperanza, O autor non pretrendeu de ningún xeito fornecer unha solución á cuestión social. Malia se situar do lado dos obreiros e soster as súas reivindicacións, Mirbeau négase a idealizalos, como tamén a demonizar os patróns, e refuga calquera sorte de maniqueísmo0