Argumento de Orión e Os Animais Magos
Orión nunca se separa do seu dono Isidro, un músico ambulante que tocaba o acordeón na praza da torre do reloxo. Orión era un can pequeneiro, de cor castaña clara e raza indefinida, un can de palleiro de mirada moi amigable. Un día malfadado, cando Isidro estaba tocando unha das súas pezas máis ledas, fallou unha nota e os seus brazos estricáronse de maneira extraña. O vello acordeonista quedou estomballado no chan e tivo que ser internado nun hospital. Orión viuse obrigado a fuxir da cidade, cruzando por pasos subterráneos e pontes por riba das autovías, para non acabar encerrado na canceira. Na fraga, atopará unha misteriosa caixa con gravados chineses nunha cova, e comprobará que os animais que alí viven senten tamén moita curiosidade por saber qué contén. Ningún deles é quen de imaxinar as cousas tan abraiantes que empezarán a ocorrer na fraga. Orión e os animais magos do catalán Joán Manuel Gisbert é unha novela protagonizada por personaxes animais que falan con palabras humanas e protagonizan escenas intensas e emocionantes. Como en obras anteriores de Gisbert, nesta deliciosa novela van aparecendo aos poucos enigmas e misterios que se van dilucidando ao longo da historia; acontecementos que contarán coa presencia, en moitos momentos, do marabilloso e do inexplicable, máis en concreto, feitos relacionados coa maxia escénica e as artes do ilusionismo. Fantasía e misterio mestúranse nunha obra, ilustrada de xeito realista por Francisco Solé, que con toda naturalidade ...0