Argumento de Op337-santiago de Compostela no Século Xvi: Libro de Ordenanzas de la Ciudad (1546-1583)
Encuadernación: Rústica
Este libro é unha obra de interese tanto para os investigadores especializados na historia de Compostela como para os lectores que desexen afondar no seu coñecemento. As ordenanzas reflicten todo tipo de elementos que configuran a realidade urbana da época, ofrecéndonos o escaparate dun tempo xa perdido: regulan a institución municipal, o abastecemento urbano, os pesos e medidas, os prezos, e as boas prácticas para a comercialización de produtos de consumo alimentario ou de uso. As medidas de hixiene, seguridade e orde públicas, o urbanismo, a xestión da beneficencia, as festividades e o lecer, ou o papel social que desempeñan a muller e a infancia completan o debuxo dos labores e os días no espazo público santiagués daquel tempo1