Argumento de Op/320-o Monte e Noso. As Mulleres e a Conflictividade Social no Medio Rural Galego Durante o Franquismo.
A histoira de Galicia, e máis en concreto a historia das mulleres en Galicia, non se construíu só de nomes célebres como os de Isabel de Castro ou María Pita, senón tamén de nomes anónimos que, en tempos tan duros como os da ditadura franquista, souberon e tiveron o valor de defender con ardor aquilo que consideraban seu. Rosa, Josefa, Isolina, Dorinda ou María son só os nomes dunhas poucas valente que loitaron polos seus dereitos sobre a terra, sobre aquel monte veciñal que consideraban seu, xerando unha vaga de protestas que foron erosionando, aínda que en pequena medida, a lexitimidade do Réxime no medio rural. Este traballo evidencia que a actitude dunha parte da poboación feminina non se caracterizou pola pasividade nin a submisión incondicional ao Goberno, pois non eran aqueles suxeitos pacíficos e carentes de personalidade, capacidade de decisión e ideais que a propaganda e o discurso do Réxime pretendía mostrar.0