Argumento de Onde Está o Poliño de Rosalía?
Encuadernación: Cartoné
Colección: Tras os Montes
"Onde está o poliño de Rosalía?" é a segunda parte de "O paseo de Rosalía", un clásico de 1968 co que Pat Hutchins deuse a coñecer como autora e ilustradora, destacando daquela pola súa proposta de estética vangardista, con liñas sinxelas, cores de tons ácidos e alto contido visual. Partindo da plena vixencia desa obra, este novo relato mantén as cualidades narrativas e plásticas do seu precedente: frases breves e encadeadas acompañadas de imaxes descritivas que complementan graficamente o relato, amosando dous niveis de lectura paralelos. Así, por unha parte, Pat Hutchins fainos partícipes da incesante busca do poliño por parte dunha preocupada galiña Rosalía; por outra, asistimos ás perigosas peripecias do poliño -torpe e despistado- dando voltas por distintos escenarios da granxa, mentres a nai anda á súa procura.0