Argumento de Onde Está Nubebebé?
Gliz é un pastor de nubes. Por iso coida moi ben das que viven na súa casa: Nubenai, Nubepai, Nuba, Nubo e Nubebebé. Failles a comida, dálles menciñas cando están enfermas, lelles contos cando van para a cama... e viven moitísimas aventuras.
Nubebebé desapareceu, non a atopan na casa. Gliz sae na súa procura: "Viches a Nubebebé?", pregunta a quen encontra ao seu paso.
Gliz é unha colección concibida para iniciar os picariños e picariñas no contacto cos libros e cos contos dende o momento en que comezan a falar. Cada volume inclúe unha historia e un divertido xogo para identificar e pintar.0