Argumento de O Vidro Provincial Galaicorromano
Na cultura moble galaicorromana o vidro constitúe unha singular artesanía que, pese a súa constante presencia no rexistro arqueolóxico, non contaba cunha visión actualizada e reflexiva sobre a súa riqueza, diversidade, dispersión e cronoloxía. Como primeiro intento de sistematización, e reivindicando o papel do vidro como documento histórico, esta obra pretende ofrecer una visión xeral prioritariamente divulgativa e actualizada, na que primeiro se abordan os compoñentes materiais do vidro, as officinae e o ciclo productivo, para despois incidir na cronotipoloxía das produccións e na súa importancia dentro do instrumentum domesticum galaicorromano.0