Este conto aborda dun modo delicado no texto
e nas imaxes un tema que tamén o é: a morte de
alguén que queremos. Nesta historia a pequena
protagonista debe facer fronte á terrible perda
da súa nai. Disme que non podes comprender,
laméntase o pai, quen recorre a un relato para
axudala a entender un feito tan doloroso como
natural.
Este álbum incide en que os nenos, igual que os
adultos, necesitan tempo para asimilar una perda
que senten profundamente.