Ademais dunha aproximación ao estudo e análise dos grupos e textos desta complexa etapa da historia do teatro galego, Pedro P. Riobó ofrece aos investigadores deste ámbito plural de coñecemento un levantamento cronolóxico das obras, publicadas e estreadas, dos autores e mais das compañías do período en que se centra este volume.