Para alén de La Galiciana, que xa foi editada con anterioridade, este volume recolle a peza inédita María Pita, que se desenvolve no Palacio do Gobernador de Galiza tras a vitoria conseguida en 1589 sobre o exército de Francis Drake, centrándose nas figuras de dous dos principais protagonistas deste episodio histórico, o Marqués de Cerralbo e a heroína coruñesa. Porén, o autor non perde a oportunidade de introducir unha historia de amor, conxugando así os dous temas básicos do seu teatro: os motivos bélico e amoroso.