Argumento de O Soño Dirixido
O soño dirixido é a primeira incursión no eido da narrativa de Vítor Vaqueiro, coñecido - e premiado - como un dos máis destacados poetas da década de 1980. A obra ampárase na multiplicidade temática (a morte, o soño, o mito, o poder...) e na dispersión da localización xeográfica, ofrecendo unha antoloxía de relatos nos que ferve o pesadelo, con finais sorpresivos conseguidos polo oficio de quen domina as claves da poesía e envoltos nun fondo de mitoloxía e ritual.0