Un rapaz trata de escapar de dous compañeiros que o persiguen en moto, e refúxiase nunca fábrica abandonada na que se atopa cun mendigo deforme co que establece unha estreita relación. Unha aparente novela de instituto, convértese nun relato de realismo fantástico no que os límites do narrado se esvaecen ata decatármonos de que o rapaz é o mesmo vello alcohólico que habita na fábrica.