Libros > O neno mariñeiro (Ebook)
Portada de O Neno Mariñeiro (ebook)

O Neno Mariñeiro (ebook)

Autor:Bernardino Graña;
Categoría:
ISBN: EB9788491212584
Edicions Xerais nos ofrece O Neno Mariñeiro (ebook) en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 07 de Septiembre del 2017.
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de O Neno Mariñeiro (ebook)

Elías, o afillado de Agustina, naceu no Seixo de Darbo, nunha casiña branca e de pedra. Pouco despois, nos tempos arrepiantes da guerra de España, naceron o seu irmán e a súa irmá, e a familia asentouse en Cangas, onde sempre se sentían as gaivotas. Alí, no barrio mariñeiro do Forte, dominaban os cheiros a pesca, a roupas de auga, a redes, e había un secadoiro de polbo e peixe. O mar estaba a rentes e rosmaba como un dragón desexoso de engulir a xente, con ventos que galgaban e miañaban como grandes feras. Novela de carácter autobiográfico, no ronsel de "Fins do mundo" e "Profecía do mar", obras esenciais na traxectoria literaria de Bernardino Graña, relata aqueles días de infancia, de fame e naufraxios nunha vila mariñeira do Morrazo, nos primeiros anos da guerra. Escrita cos fíos da memoria, retrata sen nostalxia e con humor a sociedade á intemperie da galerna e dos malos ventos de mar aberto, na que, a pesar das penalidades, a rapazada respiraba o aire salitroso con alegría. "O neno mariñeiro" é unha alfaia da literatura galega da memoria escrita por un clásico contemporáneo.0

Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso