Argumento de O Neno Bisesto
Encuadernación: Cartoné
Colección: Sete Leguas
Aos seus dez anos, Daniel séntese diferente aos demais porque naceu un 29 de febreiro; por iso no colexio puxéronlle o alcume de "Bisesto". Este libro é un relato en primeira persoa das súas experiencias, pensamentos e emocións: dende a rebeldía á incomprensión, pasando polo despertar do amor, ata a reafirmación da amizade.
Por riba de todo, "O neno bisesto" é un texto tremendamente divertido, contado coa frescura dun neno. Reborda humor, imaxinación e ironía; narra situacións cotiás que ás veces se complican. Destaca tamén polas numerosas referencias cinematográficas e literarias, que remiten á lectura dos clásicos.0