Argumento de O Mundo en que Vivín
Cunha escritura sobria e transparente, e a través de breves episodios, esta novela condúcenos, nun in crescendo de emocións, desde a primeira infancia rural dunha nena xudía en Alemaña ?cara ao final da Primeira Guerra Mundial? ao incremento das crises (inflación, desemprego, aumento da influencia e vitoria dos Nazis) [...] e a un desenlace sorprendente.
Hai unha felicísima imaxe simbólica, que é a do lento avanzar dunha tormenta que acaba por estar?xusto enriba de nós?.
Asistimos a rituais xudaicos públicos e domésticos, a unha clara atracción alternativa entre a emigración a Estados Unidos e o sionismo. Queda o lector simul- taneamente sorprendido pola correspondencia e polas diferenzas entre a adolescencia e a vida adulta en medios culturais moi diversos, pois hai miradas á vida luterana, á católica ou ao agnosticismo, na marxe da experiencia xudaica ortodoxa. Aparecen figuras familiares de corte nítido: os avós da vila; o pai, tratante de cabalos, fustrigado polos antisemitas e falecido de cancro; os tíos progresistas Franz e Marie; o avó Markus; a amorosa avoíña Ester; Paul (o mozo case namorado que se deixa intimidar polo ambiente); Karl (o mozo aniquilado de amor, culto e firme nas súas conviccións).
A acción deséñase nunha sucesión de fases biográficas progresivamente dramáticas coas que acabamos por participar dun destino, ao mesmo tempo moi singular e moi típico, que ben nos podería suceder.0