O desexo de escapar dun mesmo e da grisalla cotiá, de ser outro e de vivir outras vidas, posibles e distintas, é o fío condutor dos dez relatos que compoñen O mellor francés de Barcelona. Neste libro, Bieito Iglesias ofrece un retrato enérxico e irónico da Galicia contemporánea, realizado coas armas da imaxinación, o humor e unha infrecuente riqueza expresiva.