Libros > Novedades > O liberalismo nos seus contextos : un estado da cuestión
Portada de O Liberalismo Nos Seus Contextos : Un Estado Da Cuestión

O Liberalismo Nos Seus Contextos : Un Estado Da Cuestión

Autor:
Categoría:Otros
ISBN: 9788497509190
Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC nos ofrece O Liberalismo Nos Seus Contextos : Un Estado Da Cuestión en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 01 de Agosto del 2008. Disfruta del placer de la lectura con esta novedad, y culturizate al mismo tiempo que te diviertes. Este libro cuenta con un total de 212 páginas , unas dimensiones de 24x17 cm (1ª ed., 1ª imp.).
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Otros clientes que compraron O liberalismo nos seus contextos : un estado da cuestión también compraron:

Argumento de O Liberalismo Nos Seus Contextos : Un Estado Da Cuestión

Este libro recolle no substancial as conferencias desenvolvidas a remates do ano 2006 dentro do Simposio Internacional O liberalismo nos seus contextos: un estado da cuestión, celebrado entre as cidades de Santiago de Compostela e A Coruña. Dentro das actividades da Cátedra Juana de Vega, integrada no Departamento de Historia Contemporánea e de América da Universidade de Santiago de Compostela, e grazas ao pulo e ao financiamento da Fundación Juana de Vega, diferentes especialistas deron conta da realidade multifacética e poliédrica que conforma o liberalismo decimonónico español ou, por mello dicir, os diferentes liberalismos hispánicos. O obxectivo non foi outro ca realizar unha posta ao día da investigación dun tema que, por fortuna, vén sendo obxecto de múltiples estudos e reflexións, e que, sen esquecer o peso e o valor de pescudas xa clásicas, está a incorporar novas ferramentas teóricas e conceptuais dende as que pensar e analizar os moi diferentes contextos nos que a pegada do pensamento e a praxe liberais se fixeron notar. Deste xeito, o lector atopará nestas páxinas unha panorámica de especial incidencia na vertente política do fenómeno liberal, pero completada e complementada con estudos realizados dende unha perspectiva biográfica e prosopográfica, que valoran o papel trascendental xogado polo exército, inclúen o protagonismo de primeira liña representado pola prensa escrita e, en fin, tampouco esquecen o contramodelo que no seu intre, e por moitos anos, supuxo o carlismo. Ademais, a ampla perspecriva espacial da obra dá conta da realidade ultramariña do liberalismo, incluíndo unha moi necesaria presentación do seu impacto nas terras da outra beira do Atlántico.0
Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso