Argumento de O Lecer Das Augas. Historia Dos Balnearios Galicia 1700-1936
Nestas breves palabras, tiradas do limiar de Ramón Villares, sintetízase con claridade o obxectivo de O lecer das augas. Historia dos balnearios de Galicia. 1700-1936, minucioso e rigoroso traballo de investigación histórica, patrocinado pola Asociación de Balnearios de Galicia e mais pola Cámara Oficial Mineira de Galicia, sobre as orixes e a evolución histórica dun sector con longa tradición na nosa comunidade, e que axudará a repensar o futuro duns servizos que supoñen unha riqueza de extraordinaria importancia para a nosa terra. É no o século XVIII cando se recupera a práctica dos baños termais, coa redescuberta das caldae romanas, combinada coa difusión das novas ideas sobre a saúde corporal que introducen as correntes ilustradas e europeizantes. Partindo dese tempo, Luís Alonso, Elvira Lindoso e Margarita Vilar estudan os principais establecementos balnearios (A Toxa, Arteixo, Cuntis, Dávila e Acuña, Caldelas de Tui, O Carballiño e Partovia, Carballo, Cortegada, Guitiriz, as Termas de Lugo, Baños de Molgas, Mondariz, O Incio e Verín), ata chegar aos anos de esplendor anterior á Guerra Civil. Un libro fundamental para coñecer e entender mellor o conxunto da Historia de Galicia.0