Argumento de O Ladrón de Voces
As palabras non voan, as palabras quedan. Pero é certo que son quen de viaxar. Onde? Nos nosos oídos, nas nosas mentes e tamén polo vento. Cando os refachos crean remuíños as palabras poden mesturarse, enleándose as voces.
Son tan importantes que Marcos e Sofía, igual que farías ti, coidan das súas palabras. Antes de que saian pola boca e unha vez que se fan oír. Son un tesouro. Tanto, que haberá quen as queira roubar. Quen será ?O ladrón de voces??0