Libros > O inspector e mais eu (Ebook)
Portada de O Inspector e Mais Eu (ebook)

O Inspector e Mais Eu (ebook)

Autor:Ignacio Vidal Portabales;
Categoría:
ISBN: EB9788491211303
Edicions Xerais nos ofrece O Inspector e Mais Eu (ebook) en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 10 de Noviembre del 2016.
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de O Inspector e Mais Eu (ebook)

A vida de Sandra Val, experimentada profesional dedicada á fotografía boudoir, transcorre con tranquilidade na apracible vila de Marende, ata que un día recibe a visita do inspector Roque Barallobre. Este, un home moi atractivo, solicita a súa axuda para resolver un caso policial de secuestro. A relación co inspector e os sentimentos que este provocará nela irán afectando a Sandra ao tempo que van desfilando polo local os clientes do seu negocio; todos mostran a súa personalidade durante as sesións fotográficas, como cabe esperar dun sitio onde as persoas son retratadas en roupa interior. A través destes personaxes debúxase dun xeito ácido o bulir da vila de Marende. As pretensións amorosas da protagonista -contadas en clave de humor- son transparentes, pero atopan a dificultade incómoda da antiga moza de Roque, que aparece na narración como unha rapaza ideal, intrépida e fermosa. Sandra intentará sobrepoñerse acompañada do seu irmán e da súa axudante no estudio fotográfico. Nesta novela, Ignacio Vidal explora a identidade dunha muller liberal e moderna, mergullada nas contradicións que o amor leva á súa vida.0

Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso