Libros > Literatura > O gabinete das marabillas de Arxentino da Rocha Alemparte
Portada de O Gabinete Das Marabillas de Arxentino Da Rocha Alemparte

O Gabinete Das Marabillas de Arxentino Da Rocha Alemparte

Autores:Pérez Pintos, Irene; Pérez Pintos, Rodrigo;
Categoría:Literatura
ISBN: 9788499146287
Edicións Xerais de Galicia, S.A. nos ofrece O Gabinete Das Marabillas de Arxentino Da Rocha Alemparte en gallego, disponible en nuestra tienda desde el 20 de Marzo del 2014. Disfruta del placer de la lectura con esta obra, y culturizate al mismo tiempo que te diviertes. Este libro cuenta con un total de 384 páginas , unas dimensiones de 24x17 cm (1ª ed., 1ª imp.).
Leer argumento »
Ver todas las novedades de libros »

Argumento de O Gabinete Das Marabillas de Arxentino Da Rocha Alemparte

Encuadernación: Rústica
Colección: Edicións Singulares

Ernest Hemingway dixo do galego universal Arxentino da Rocha Alemparte (Xunqueira de Ambía, 1886-Camagüey, 1959) que «de non ser galego, só sería crible como personaxe literario».
Xeneroso filántropo, como tantos outros indianos, o proxecto persoal para el máis querido foi o seu museo de Xunqueira de Ambía, coñecido informalmente como O Gabinete das Marabillas de Arxentino da Rocha Alemparte polas súas indiscutibles similitudes coas renacentistas coleccións de curiosidades ?chamadas wunderkammers, gabinetes de curiosidades, cuartos de marabillas.?, xerme dos museos actuais. Destinado a instituírse como un espazo pedagóxico único e posiblemente irrepetible, estaba repleto de pezas singulares, obxectos fabulosos, espécimes exóticos, seres monstruosos., pero o soño viuse truncado polo estalido da Guerra Civil española de 1936-1939. Sen chegar a ter visita ningunha, o museo ficou pechado como un paquete de agasallo que nunca vai ser aberto. Só un reducido grupo de persoas tivo acceso dende entón aos seus intactos tesouros, respectados polas autoridades fascistas a causa da fonda relixiosidade das irmás de Arxentino e das súas xenerosas doazóns á diocese ourensá, que fixo o museo inmune a calquera intervención ou mesmo expropiación, mentres as súas salas se seguían nutrindo, ata a súa doce morte, dos incesantes envíos do xunqueirán.
Grazas ao presente volume, produto de máis dunha década de erudita investigación por parte dos irmáns Pérez Pintos, o Gabinete das Marabillas de Arxentino da Rocha Alemparte amósase agora en todo o seu esplendor aos nosos ollos atónitos, saldando a débeda da sociedade galega coa arela educadora do noso ilustre compatriota.
0
Ultimacomic es una marca registrada por Ultimagame S.L - Ultimacomic.com y Ultimagame.com pertenecen a la empresa Ultimagame S.L - Datos Fiscales: B92641216 - Datos de Inscripción Registral: Inscrita en el Registro Mercantíl de Málaga, TOMO: 3815. LIBRO: 2726. FOLIO: 180. HOJA: MA-77524.
2003 - 2019, COPYRIGHT ULTIMAGAME S.L. - Leer esta página significa estar deacuerdo con la Política de privacidad y de uso